Entradas

Mostrando entradas de junio, 2006

Siglos ha......

Imagen
Xa fai unha chea de tempo que non escribo. Claro, normal, con esta vida axetreada é imposible pero imposible de todo. ..... Hoxe estou facendo tempo para coller-lo avión á noite así que aproveito un ratiño para poñer unhas letras. Letras que non serán moi inspiradas pero polo menos farán sentir ós asiduos (se é que non desistiron e de vez en cando botan unha ollada) que estou aí cerca aínda que a distancia sexa longa. Dende a última volta que escribín hai cambios, claro: medrei 10 centímetros, ..... vale, vale, para contar mentiras mellor non dicir nada. ..... .......... Isto dame tempo a pensar ....... Ah! Sí!!!! Estiven na Feria de Sevilla con Teresa e a súa familia. A pequeniña vestida de sevillana, unha monada!!!! Portáronse maravillosamente ben comigo; así que a ver cando volven a Galicia para devolverlle-la boa acollida e atencións. ¿Qué máis? Pois que fatídicamente a miña cámara ten un problema así que non veredes fotos novas en bastante tempo... (terei que tirar das antigas, cl