Siglos ha......



Xa fai unha chea de tempo que non escribo.
Claro, normal, con esta vida axetreada é imposible pero imposible de todo. .....
Hoxe estou facendo tempo para coller-lo avión á noite así que aproveito un ratiño para poñer unhas letras.
Letras que non serán moi inspiradas pero polo menos farán sentir ós asiduos (se é que non desistiron e de vez en cando botan unha ollada) que estou aí cerca aínda que a distancia sexa longa.
Dende a última volta que escribín hai cambios, claro: medrei 10 centímetros, ..... vale, vale, para contar mentiras mellor non dicir nada.
.....
..........
Isto dame tempo a pensar .......
Ah! Sí!!!! Estiven na Feria de Sevilla con Teresa e a súa familia.
A pequeniña vestida de sevillana, unha monada!!!!
Portáronse maravillosamente ben comigo; así que a ver cando volven a Galicia para devolverlle-la boa acollida e atencións.

¿Qué máis? Pois que fatídicamente a miña cámara ten un problema así que non veredes fotos novas en bastante tempo... (terei que tirar das antigas, claro).

Ale, un bico e a disfrutar da fin de semana.

Comentarios

Entradas populares