Chove en Santiago

Chove en Santiago, na noite escura ……
E sí, é certo ….
Está chovendo o que non choveu en todos estes días.
Nadal seco, pero comeza o ano chovendo (faita fai, xa o sei …. )
Outra vez no aeroporto, para variar.
Parece que tódolos meus relatos vínculanse dalgún xeito ós aeroportos ou ás viaxes.
¿Será porque é cando se ten tempo morto e non se sabe qué facer?
Será.

....

Así comezaría o meu primeiro relato do ano, e a intención era "postealo" o día 2 pero....... o ordenador empezou a facer cousas raras e a dicir que non recoñecía o sistema operativo.
Esto fixo que despois dun ataque de pánico ese comezo de relato quedase esquecido nalgures.

E hoxe acordeime.
Non di nada.
Hoxe xa non ten sentido porque non sei se chove en Santiago pero estou en Madrid e non podo continuar con aquel relato inconcluso.

En fin, por aquelo de que non se perda .....

A ver se me ven a inspiración e escribo algo máis decente para inaugura-lo ano.

Comentarios

Entradas populares