Uniformidade na miña existencia

Presencia impertérrita.
Día a día, hora tras hora.
Ningunha irrupción innovadora.
Ningunha decisión que supoña cambios.
Quizáis sexa necesaria unha ruptura co presente.
Ou ó millor, de producirse a fisura .... non sepa como asumilo.
Dubidando (parece un estribillo dunha canción: dubidandán, dubidú, dubidú.....)
Con un pouco de sorte unha circunstancia externa producirá o tan ansiado cambio!
Comentarios
Publicar un comentario