Madrugando

Podo escribir sobre cousas profundas pero sempre atopo máis interesada á xente nas cousas cotiás e insulsas.
Pero cando me poño a escribir a conciencia prefiro solta-los dedos e convertir ideas en letras.
Non sempre é coherente, e casi nunca sei o que sairá nin do que tratará.
Agora mesmo por exemplo, estou lenta.
Lenta de ideas e lenta de movementos.
Certo é que é moi cedo.
Que madruguei coa idea de chegar a tempo a unha reunión que acaban de cancelar.
Así que agora estou escoitando a radio por internet e intentando pasa-lo rato ata que sexa unha hora máis decente e me apeteza traballar duramente.


Certamente o mundo está tolo.
Os periódicos non teñen moito que contar (ou non queren contar o chungo da situación actual coa crise que o governo non quere recoñecer) e creo que por iso buscan as noticias máis raras, sensacionalistas ou curiosas para entreter ó público.
Onte vin nun periódico unha "noticia" sobre a hamburguesa máis cara do mundo.
Costa como 5.000 dólares (que barbaridade!!!).
Por suposto está feita en pan especial, con paté francés e non sei cantas historias máis pero .... eu pregúntome ¿haberá xente que pague eses cartos por unha hamburguesa?
¡O mundo está tolo!
A xente en España non pode paga-las hipotecas porque endebedáronse a un tipo de interés variable hai uns anos pensando que a bonanza económica sería duradeira e outra xente gasta unha porrada de cartos nunha simple hamburguesa.


A noticia de hoxe é que Raxoi ten un primo que secuestrou ó empresario andaluz que levaba desaparecido 15 días e polo que pediran 2.000.000 de euros de rescate.
¡Manda narices!
Pero non só iso: resulta que este "primo secuestrador" é o irmán do catedrático de Física da universidade de Sevilla que declarou hai un tempo que o cambio climático non existía.
Mira! aí non podo menos que dicir que é algo que me cuestionei hai uns meses.
Se o "terrorífico" buraco da capa de ozono pechouse por arte de maxia (ou teóricamente polo esforzo dos "concienciados" países que intentaron contaminar menos, aínda que case tódolos grandes seguiran incumprindo o tratado de Kyoto), ¿quen che di que non era unha patraña dos "manipuladores medios de comunicación" o de que existía tal burato?
Teño as miñas dúbidas.
Como sempre, a única teoría válida é que o que manda é o diñeiro.
Todo o que conleve conflicto de intereses económicos supondrá, máis cedo ou máis tarde, unha manipulación da información.
As cantidades inxentes de cartos que se moven a nivel mundial non poden deixar de fluir porque a xente esixa a verdade, así que é máis fácil a manipulación e eles saben cómo facer.

Comentarios

Entradas populares de este blog

25 de Noviembre derrumbe en AG-55

Limon & Nada y ¡mojito!!

Volviendo al mundo virtual